luns, 04 de novembro de 2024
A reparación da galería do local da AVV de A Graña custará preto de 149.000 euros
Actuarase na súa estrutura, na carpintería exterior e na vidreira
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou hoxe que a Xunta de Goberno local aprobou adxudicar a obra de reparación e substitución do espazo cerrado pola galería grande na AVV de A Graña á empresa Codema Lomba SL por un importe de 148.914,78 euros. “Por fin, podemos facer fronte ao mal estado no que se atopa a galería tras a adxudicación destes importantes traballos que porán, ademais, en valor este espazo”, asegurou Rey Varela.
O alcalde recordou que esta actuación quedou deserta a primeira vez que saiu a licitación o pasado mes de xuño, polo que foi preciso volver a licitala. “Grazas a esta obra os veciños de A Graña poderán volver a disfrutar de novo deste espazo na súa totalidade”.
A galería forma parte dun edificio municipal, ubicado no número 24 da rúa Real Alta, ocupado parcialmente pola AVV de A Graña. “Coa execución das obras contempladas no proxecto pretendemos garantir a súa estabilidade estrutural, mellorar as súas condicións actuais de habitabilidade e recuperar, na medida do posible, o aspecto orixinal dunha parte importante dun inmoble protexido”, asegurou o rexedor. Así, actuarase na súa estrutura, na carpintería exterior e vidreira, nos revestimentos, nos falsos teitos, instalacións, illamentos, acabados e cuberta.
Outros traballos que se levarán son a reparación integral da superficie dos cinco pilares que se lixarán, repararán e se lles aplicarán os tratamentos necesarios antes de poder pintalos. Tamén se actuará no falso teito, que se atopa en mal estado, no novo falso teito empotrarase unha nova iluminación desta zona aberta, eliminando os focos que actualmente están fixados á estrutura de madeira e colocando uns focos empotrados, de exterior, antivandálicos. O prazo de execución do contrato é de seis meses.
BOMBA CALOR TEATRO JOFRE
O alcalde confirmou, ademais, que se adxudicou a contratación da substitución da unidade exterior da bomba de calor no teatro Jofre á empresa Insis Global SL por un importe de 69.454 euros, cun incremento do prazo de garantía por riba do mínimo (dous anos) establecido no prego de catro anos, o que supón un prazo de garantía de seis anos. “O teatro Jofre tiña dende hai tempo problemas coa climatización, polo que é preciso a substitución da unidade exterior da bomba de calor”, sinalou. Trátase dunha unidade exterior compacta de aire que será instalada na cuberta do edificio, no mesmo lugar que a existente. Esta máquina está pensada para climatar un amplo espazo.
Rey Varela insistiu en que “é imprescindible que o teatro estea dotado da maquinaria que permite a climatización correcta do mesmo, garantindo a comodidade dos espectadores durante os espectáculos programados ao longo de todo o ano”. O prazo de entrega desta unidade será de cinco meses contados a partir do día seguinte á formalización do contrato.