Novas

mércores, 02 de outubro de 2024

As persoas maiores e as súas propostas, protagonistas dun pleno municipal

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu á sesión celebrada esta mañana no edificio do Concello, no que usuarios de residencias de maiores, entre outros, debatiron diferentes asuntos do seu interese


As persoas maiores e as súas propostas, protagonistas dun pleno municipal

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu esta mañá ao pleno celebrado esta mañá no Concello de Ferrol no que os protagonistas foron un grupo de persoas maiores da cidade, que ocuparon as bancadas da corporación e do público.

Durante a sesión, usuarios da residencia de maiores de Caranza, da residencia Mi Casa ou da universidade sénior, entre outros, exerceron de concelleiros e debatiron sobre diferentes cuestións de interese para este colectivo, como as situacións de soidade, a necesidade de poñer en valor a experiencia de vida das persoas maiores, propostas e actividades dirixidas a eles ou a adaptación da cidade para as persoas con problemas de mobilidade.

Antes do inicio do pleno, o rexedor lembrou que Ferrol é cidade amigable coas persoas maiores, tal e como declarou a Organización Mundial da Saúde. Neste sentido, “traballamos no fomento do envellecemento activo e en mellorar a calidade de vida a medida que a idade avanza”, expresou Rey Varela.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar