mércores, 02 de outubro de 2024
O Concello de Ferrol renova o convenio de colaboración con Asotrame
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a presidenta da Asociación da Asociación Galega de Transplantados Medulares (Asotrame), Cristina Piñeiro, subscribiron esta mañá un convenio de colaboración polo que o Concello aportará un total de 4.000 euros á entidade.
Tal e como afirmou o rexedor durante o acto, Asotrame presta apoio a persoas afectadas por cancro hematolóxico e ás súas familias e traballa na sensibilización da sociedade con respecto á importancia de doar médula ósea. “Ambos son obxectivos aos que queremos contribuír desde o Concello de Ferrol, de aí a razón de ser deste acordo que permitirá axudar ao financiamento de proxectos e terapias que melloren a calidade de vida das persoas transplantadas de médula ósea”, manifestou Rey Varela, tras agradecer á entidade o seu labor.