Novas

mércores, 02 de outubro de 2024

O tenente de alcalde visita aos alumnos en prácticas do programa integrado de emprego

‘Un total de 100 persoas participan neste programa que concluirá o próximo mes de decembro e que ten como obxectivo a inserción laboral dos participantes’, avanzou Díaz Mosquera


O tenente de alcalde visita aos alumnos en prácticas do programa integrado de emprego

O tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, visitou esta mañá aos preto de 20 alumnos que están a realizar as prácticas a través do Programa Integrado de Emprego. “Un total de 100 persoas participan neste programa que concluirá o próximo mes de decembro e que ten como obxectivo a inserción laboral dos participantes”, afirmou.

Mar, Jesús, Eva, Jorge, María Jesús, David… son algúns dos alumnos que están a facer as súas prácticas en empresas como Gadis, Froiz, Bidafarma, Eroski City Neda, Bricodepot, Sprinter, Carrefour e Carnicería Catabois.

Os alumnos realizaron os itinerarios formativos de Xestión loxística e de almacén, Dependente de establecementos comerciais, Técnicas de limpeza, Auxiliar de reposición e caixa, Comercialización e venda de produtos de carnizaría e Actividades básicas nas seccións de frescos: panadería, charcutería e froita. E ademais recibiron unha formación transversal. No mes de setembro comenzaron as prácticas profesionais non laborais dos usuarios, ás que se anotaron un total de 65 persoas, das que na actualidade continúan 61. Os motivos das baixas cursadas foron por temas laborais, conciliación e saúde. “Estamos satisfeitos en canto aos niveis de inserción, xa que a 30 de setembro, o número de persoas con entrada no mercado laboral acadaba xa o 55%”.

O Concello de Ferrol ten solicitado un novo Programa Integrado de Emprego para o 2025.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar