Novas

mércores, 02 de outubro de 2024

O alcalde de Ferrol despídese do almirante do Arsenal Militar da cidade

Ignacio Frutos Ruiz deixa o seu cargo para emprender unha nova etapa como almirante jefe del Apoyo Logístico (AJAL) en Madrid


O alcalde de Ferrol despídese do almirante do Arsenal Militar da cidade

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, despediu esta mañá ao almirante jefe do Arsenal Militar de Ferrol, o vicealmirante Ignacio Frutos Ruiz, que deixa o seu cargo na cidade para emprender unha nova etapa como almirante jefe del Apoyo Logístico (AJAL) en Madrid.

Durante o encontro, o alcalde tivo oportunidade de agradecer ao almirante o seu traballo e a súa implicación coa cidade naval desde o 2021, ano no que chegou ao cargo. Mostra disto é a intención do Concello de declaralo Fillo Adoptivo da urbe. Así mesmo, lembrou a colaboración de Frutos Ruiz no proxecto de Abrir Ferrol ao Mar de cara a rebaixar o muro do Arsenal. Por último, Rey Varela desexoulle o maior dos éxitos no novo camiño que emprenderá na capital do país.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar