Novas

martes, 01 de outubro de 2024

O alcalde de Ferrol enxalza ás mulleres que axudaron a construír a historia de Ferrol

`Ferrol en feminino´ realiza unha viaxe pola cidade dando a coñecer os lugares onde naceron e exerceron as súas profesións estas ferrolás


O alcalde de Ferrol enxalza ás mulleres que axudaron a construír a historia de Ferrol

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado da concelleira de Muller e Igualdade, Elvira Miramontes, presentou esta tarde o libro Ferrol en feminino, unha edición recompilatoria deste programa co que dar a coñecer o legado das mulleres na nosa cidade. “Con Ferrol en feminino embarcámonos nunha viaxe a través do tempo coa que descubrimos, a propios e foráneos, a vida de mulleres correntes ou famosas que sumaron o seu grao de area á historia e á vida dunha cidade sempre vibrante desde o punto de vista social e cultural”, apuntou o rexedor.

A través deste libro, editado polo Concello de Ferrol e co Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o lector percorre a cidade descubrindo mullleres que aquí viviron e que axudaron a levantar Ferrol cos seus traballos no porto, as lavandeiras, as augadoras, carboeiras, as amas de cría, mestras, músicas, científicas, poetisas, amas de casa...“Todas estas mulleres souberon sortear no seu tempo as grandes dificultades que tiveron para poder exercer os seus traballos”, afirmou o alcalde. E empregando a frase da ilustre ferrolá, Concepción Arenal, canto máis se dividen os obstáculos máis doados son de vencer, Rey Varela asegurou que “seguiremos traballando dende o concello sumando o apoio das entidades, unindo esforzos por unha cidade en igualdade de condicións para todos e todas”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar