Novas

martes, 01 de outubro de 2024

A área de Política Social aumenta o persoal con sete novas traballadoras para o plan de inclusión social

Son traballadoras sociais, orientadoras laborais e educadoras


A área de Política Social aumenta o persoal con sete novas traballadoras para o plan de inclusión social

A concelleira de Política Social, Rosa Martínez Beceiro, deu hoxe a benvida ás sete traballadoras que se incorporan ao abeiro do Plan de Inclusión. “Son tres traballadoras sociais, dúas orientadoras laborais e dúas educadoras sociais que porán en marcha tres programas do Plan de Inclusión”.

Estas sete traballadoras iniciarán os programas para persoas de etnia xitana, para persoas en risco de exclusión social e tamén para poboación migrante. Toda esta actividade está centralizada no quinto piso da Casa Solidaria, onde estarán traballando ata abril do 2025.

Martínez Beceiro recordou que a través do POS+ Social tamén se incorporaron hoxe tres traballadoras sociais para reforzo das unidades básicas, para o negociado e tamén para a zona rural. Neste caso o seu contrato é ata finais de ano.

Grazas a estas novas incorporacións melloraremos a calidade do servizo que prestamos aos ferroláns e ferrolás, xa que o máis importante é poder axudar coa máxima celeridade ás persoas en situación de vulnerabilidade”, asegurou a concelleira Rosa Martínez.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar