luns, 30 de setembro de 2024
O Concello de Ferrol e a Biblioteca Nacional únense nunha homenaxe a Torrente Ballester
Unha das salas da biblioteca acollerá a exposición `Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador´
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, anunciou a firma dun convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol, a Biblioteca Nacional de España, a Xunta de Galicia, a Junta de Castilla y León y la Fundación Torrente Ballester para a realización da exposición Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador, relativa á obra e figura do noso ilustre ferrolán, cando se cumpren 25 anos do seu falecemento. “Trátase dunha homenaxe máis a Torrente Balleste, Fillo predilecto de Ferrol, durante este ano 2024, un ano cheo de actividades para recordar a un dos nosos máis ilustres ferroláns”, afirmou o alcalde.
A exposición, que albergará na sala Guillotinas da BNE, inaugurarase o próximo 18 de outubro e estará aberta ao público ata xaneiro do 2025. “Non pode haber sitio máis noble e destacado no mundo de las letras que esta casa na que se gardan todas as xoias bibliográficas que deu España”, manifestou Rey Varela.
Unha vez concluida a exposición no BNE trasladarase a finais de xaneiro a Ferrol. Ademais, a Xunta de Galicia editará 150 exemplares do catálogo desta exposición para cada unha das institucións.
SEMANA DA ARQUITECTURA
Rey Varela deu conta, ademais, do convenio de colaboración no marco da semana da arquitectura de Ferrol 2024, Homenaxe a Alfredo Alcalá Navarro entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Escola técnica superior de Arquitectura de A Coruña e o Concello de Ferrol. As tres institucións están interesadas en establecer un marco de colaboración que dea como resultado a elaboración e oferta dun conxunto de actividades didácticas con motivo da semana da arquitectura e coa idea de homenaxear a figura do arquitecto Alfredo Alcalá Navarro (1940-2023) en Ferrol. Alcalá Navarro desenvolveu toda a súa carreira profesional na nosa cidade, deixando a súa impronta no deseño de moitos edificios e espazos públicos como no Ateneo Ferrolán e na Facultade de Humanidades no Campus de Ferrol. As actividades previstas serán presentadas esta semana.