Novas

martes, 19 de setembro de 2023

Ferrol acollerá tres espectáculos infantís no marco do V Festival Internacional Entes Animados


Ferrol acollerá tres espectáculos infantís no marco do V Festival Internacional Entes Animados

O concelleiro de Xuventude, Arán López, asistiu á presentación do V Festival Internacional Entes Animados, que se desenvolverá os días 22, 23 e 24 de setembro nos concellos organizadores, como Ferrol, Ares, Cabanas, Fene, Miño, Narón, Neda e Valdoviño.

A cidade departamental acollerá un total de tres espectáculos infantís ao abeiro desta iniciativa. O primeiro deles terá lugar o venres 22 ás 12:00 horas no CEIP A Laxe de Valón, coa representación da obra Joaquín, da compañía Luis Manitha. O sábado ás 20:00 horas será a quenda do local social de Esmelle co espectáculo Antón, o rato do circo da compañía Marimbondo. E por último, o domingo ás 19:00 horas, a compañía Historioscopio representará O pitiño lambón ás 19:00 horas no local social de Mandiá.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar