Novas

martes, 19 de setembro de 2023

A Biblioteca Central restablece o servizo de visionado de DVD e instala un posto para o uso dunha videoconsola


A Biblioteca Central restablece o servizo de visionado de DVD e instala un posto para o uso dunha videoconsola

A Biblioteca Municipal Central vén de retomar o seu servizo de música e imaxe polo que, desde hoxe, os usuarios e usuarias contarán con dous postos para visionado de DVDs e un posto para audición de CDs.

Ademais, como novidade, instalouse un posto exclusivo para facer uso da videoconsola Nintendo Switch. O único requisito necesario para poder acceder a estes servizos é ser socio ou socia da biblioteca e solicitar soporte técnico ao persoal da planta baixa.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar