martes, 19 de setembro de 2023
A Corporación ferrolá concéntrase como repulsa polas últimas vítimas de violencia de xénero
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación do Goberno local e dos grupos políticos que forman a corporación municipal, secundaron ás 12:00 horas un minuto de silencio polas últimas vítimas de violencia de xénero.
Trátase de tres mulleres, unha de 80 anos que foi supostamente asasinada pola súa parella na provincia de Alacant, outra de 51 años tamén presuntamente asasinada pola súa parella na provincia de Castelló, e outra de 35 anos supostamente asasinada pola súa parella en Murcia.
O número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de 2023 ascende a 47, e a 1.231 desde o 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.
Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poder recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; do canal do WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.