martes, 19 de setembro de 2023
O alcalde e o comisario de Ferrol-Narón avanzan os actos da festividade dos Santos Anxos Custodios

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, recibiu ao comisario xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Javier María de Loresecha.
No encontró, no que tamén estivo presente a concelleira de Mobilidade, Pamen Pieltain, o comisario avanzoulles que o próximo 2 de outubro conmemorarase a festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional.
Os actos este ano levaranse a cabo en Ferrol e comezarán cunha misa na concatedral de San Xiao á que seguirá un acto no auditorio do Centro Cultural Torrente Ballester, durante o transcurso do cal entregaranse medallas aos axentes que serán condecorados polos servizos prestados á cidadanía.