luns, 18 de setembro de 2023
Rey Varela dá a benvida á comisión avaliadora do Campus Industrial de Ferrol

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participou esta mañá na benvida institucional á Comisión Avaliadora do Campus Industrial de Ferrol, nun acto celebrado na Sala de Xuntas da Vicerreitoría.
Na súa intervención o rexedor destacou a oferta académica con “titulacións punteiras” que o Campus pon á disposición do estudantado para dar resposta aos retos da industria do futuro. Así mesmo, fixo fincapé no alto nivel de cooperación e implicación entre a institución educativa e o tecido empresarial.