mércores, 13 de setembro de 2023
A corporación ferrolá concéntrase como repulsa polas últimas vítimas de violencia de xénero

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación do Goberno local e dos grupos políticos que forman a corporación municipal, secundaron ás 12:00 horas un minuto de silencio polas últimas vítimas de violencia de xénero.
Dúas mulleres, unha de 71 anos que foi supostamente asasinada polo seu cónxuxe na provincia de Girona, o pasado día 3, e outra vítima de 37 anos, na provincia de Granada, o día 10, que foi supostamente asasinada pola súa parella.
O número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de 2023 ascende a 44, e a 1.228 desde o 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.
Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poder recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; do canal do WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.