mércores, 13 de setembro de 2023
Recepción ao Club Copacabana de caiac polo tras proclamarse campión de liga

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto a membros da corporación municipal, recibiu esta mañá aos membros do equipo Copacabana de caiac polo que o pasado mes de xullo se fixeron co título de campións de liga, o que supón o seu regreso á división de honra.
No acto, o rexedor felicitou aos nove integrantes do conxunto e ao seu adestrador, Juan Sueiras, que, co seu traballo, conseguiron ascender en tan só unha temporada. Cómpre destacar que o Copacabana é campión de España sub 21 e campión galego nas categorías absoluta masculina e feminina e tamén en sub 21. A vindeira cita destacada no calendario para o equipo será os días 16 e 17 en Arcos de la Frontera, onde defenderán o seu título de campión nacional.