mércores, 13 de setembro de 2023
O alcalde de Ferrol inaugura o coloquio internacional ‘Un océano, dous destinos’

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, inaugurou esta mañá o coloquio internacional Un océano, dous destinos no salón de actos do Campus de Esteiro da UDC, no que se darán cita arredor dun cento de participantes de procedencia nacional e internacional. Ao acto de apertura asistiron a vicerreitora do Campus, María Jesús Movilla, e o Almirante Xefe do Arsenal Militar, Ignacio Frutos Ruiz.
Na súa intervención, o rexedor repasou a historia da dársena ferrolana facendo referencia as similitudes e nexos de unión co porto de Portsmouth, cidade inglesa naval e militar que coa que Ferrol ten un vínculo secular a través do Camiño Inglés.