xoves, 07 de setembro de 2023
Reunión coas direccións dos dez centros educativos de Ferrol antes do inicio do curso

As direccións dos dez centros educativos CEIP de Ferrol achegáronse esta mañá ao concello para manter un encontro coas responsables de varias concellerías ante o inicio do curso.
O encontro, no que estiveron presentes as concelleiras de Educación, Patricia Cons, Igualdade, Familia e Infancia, Elvira Miramontes, e Política Social e Inclusión, Rosa Martínez, serviu como achegamento, concretar servicios e para manter unha relación fluida e coordinada cos colexios.