xoves, 07 de setembro de 2023
Acondicionamento de urxencia da pista de parqué de A Malata

O Concello de Ferrol requiriu á empresa instaladora do parqué do pavillón municipal de A Malata para acomenter os traballos de acondicionamento da superficie; uns traballos que comezaron esta mesma mañá.
As deficiencias do pavimento afectan as condicións de xogo e mesmo á integridade física dos deportistas usuarios das instalacións, que albergan as competicións oficiais de O Parrulo (fútbol sala) e do Baxi (baloncesto feminino).
Os traballos de urxencia, que se prolongarán durante dúas xornadas, están encamiñados a solventar as dilatacións aparecidas no parqué, e que motivaron xa na pasada temporada as queixas dos clubes.
As entidades deportivas foron derivadas a outros pavillóns municipais mentras se desenvolve a reparación.