Novas

xoves, 07 de setembro de 2023

O Concello de Ferrol colabora con Cáritas no financiamento de actividades de inclusión de familias

A Administración local aportará 50.000 euros para tal fin, en virtude dun convenio asinado esta mañá entre o alcalde da cidade, José Manuel Rey, e a presidenta da entidade, María Victoria González


O Concello de Ferrol colabora con Cáritas no financiamento de actividades de inclusión de familias

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, asinou esta mañá un convenio de colaboración con Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, representada pola súa presidenta, María Victoria González. No acto de sinatura tamén estivo presente a concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez.

A Administración local realizará unha contribución económica de 50.000 euros que permitirá financiar actividades que faciliten a inclusión de familias que se atopan en risco de exclusión.

Neste sentido, o rexedor valorou positivamente esta colaboración, “que agardamos que chegue a eses núcleos familiares que non están a pasar por un bo momento” e que “non se atopan incluídas de xeito efectivo na sociedade”.

Rey Varela aproveitou o acto de rúbrica para lembrar o destacado traballo que Cáritas desenvolve na cidade “en prol da inclusión social, promovendo, coordinando e potenciando a acción da Igrexa Diocesana de Mondoñedo-Ferrol”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar