Novas

mércores, 06 de setembro de 2023

O alcalde de Ferrol asina un convenio de colaboración con AFAL por valor de 15.000 euros

O acordo rubricado esta mañá entre José Manuel Rey Varela e o presidente da entidade, Carlos López, servirá para financiar o programa Estimulanet


O alcalde de Ferrol asina un convenio de colaboración con AFAL por valor de 15.000 euros

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, asinou esta mañá o convenio de colaboración con AFAL que permitirá financiar o programa Estimulanet. O rexedor trasladouse á sede da entidade, na que rubricou o acordo co presidente, Carlos López, e na que estivo acompañado pola concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez.

En virtude deste documento, o Concello aportará 15.000 euros para a anualidade 2023.

Estimulanet defínese como un taller de intervención non farmacolóxica co que se favorece a estimulación cognitiva por medio de equipos informáticos destinado aos enfermos de Alzheimer e outras demencias. Para a maioría dos 105 usuarios aos que pode chegar, este é un medio novidoso e atractivo que, ademais, posibilita o contacto interxeneracional e fomenta as relacións dentro do entorno familiar. Así mesmo, ofrece a posibilidade de incluir elementos da historia de vida do usuario, o que permite deseñar terapias de reminiscencia e orientación persoal.

As sesións deste programa terán unha duración de 45 minutos e desenvolveranse un mínimo de tres veces por semana nos centros de día terapéuticos de AFAL Ferrolterra, así como nos servizos externos prestados pola entidade.



O rexedor destacou a importancia deste recurso que traballa a desaceleración do proceso da enfermidade así como o labor de AFAL. “Como goberno, debemos estar e estamos a carón de quen máis o precisa e as persoas afectadas polo Alzheimer e as súas familias sempre contarán co noso apoio. Esta premisa é compartida con AFAL, a quen quero agradecer o seu traballo diario en prol dos seus usuarios”, afirmou Rey Varela. “Sen entidades coma esta, os nosos esforzos no terían a repercusión debida na sociedade e por iso é importante poñer en valor o seu labor”, concluíu o rexedor.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar