Novas

venres, 01 de setembro de 2023

A corporación ferrolá concéntrase en repulsa polas últimas vítimas de violencia de xénero


A corporación ferrolá concéntrase en repulsa polas últimas vítimas de violencia de xénero

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación do Goberno local e dos grupos políticos que forman a corporación municipal, secundaron ás 12 horas un minuto de silencio polas últimas vítimas de violencia de xénero.

Dúas mulleres, unha de 40 anos que foi supostamente asasinada polo seu cónxuxe, en Béjar (Salamanca) e deixa catro fillos menores de idade. E a outra vítima tiña 58 anos, veciña de Alzira (Valencia), foi tamén supostamente asasinada polo seu marido.

O número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas nestes oito meses do 2023 ascende a 40, nove máis que no mesmo periodo do ano anterior, e a 1.224 desde 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar