Novas

luns, 15 de maio de 2023

A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto para rehabilitar o local sociocultural de Serantes

É unha actuación cofinanciable polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia


A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou o proxecto básico e de execución para a rehabilitación integral do local sociocultural de Serantes, localizado no número 25 da Avenida 19 de Febreiro. 


Trátase dunha actuación cofinanciable polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local-Pirep local), que aporta 215.777,15 euros, e o Concello sufragará o resto do importe do proxecto, que en total ascende a 605.000 euros (con impostos). 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar