Novas

martes, 16 de maio de 2023

O prazo para solicitar praza nos campamentos urbanos e rurais deste verán estará aberto ata o 30 de maio

O formulario de inscrición pode descargarse no Taboleiro de Anuncios do Concello, no enlace https://bit.ly/3Odg812


O prazo para solicitar praza nos campamentos urbanos e rurais deste verán estará aberto ata o 30 de maio. Estas actividades están destinadas a menores de entre 3 e 13 anos, empadroados en Ferrol. Os campamentos terán lugar de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.30 horas, con posibilidade de horario ampliado de 8.30 a 14.30 horas. 


Os rurais levaranse a cabo no local da Asociación Veciñal de Esmelle e os urbanos nos CEIP de Recimil e Ponzos. No mes de xullo ofértanse 60 prazas nos campamentos do rural e 210 nos urbanos, e en agosto, 40 no rural e 130 nos urbanos. 

As solicitudes deben presentarse ata o día 30 de maio inclusive no Rexistro Xeral do Concello. O formulario de inscrición pode descargarse no taboleiro de anuncios do Concello: https://bit.ly/3Odg812

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar