Novas

venres, 05 de maio de 2023

A exposición fotográfica de Carlos Muíños, no centro Torrente Ballester, pode visitarse ata o 11 de xuño

A mostra presenta algunhas das mellores imaxes do ferrolán


A exposición fotográfica de Carlos Muíños, no centro Torrente Ballester, pode visitarse ata o 11 de xuño

O Centro Cultural Torrente Ballester expón desde o pasado 28 de abril ata o 11 de xuño unha mostra fotográfica do ferrolán Carlos Muíños que mostra a súa visión persoal do retrato. ‘Disparando cos meus ollos’ exhibe algunhas imaxes inéditas e mesmo tomadas especificamente para esta exposición, onde as persoas son as protagonistas, e fuxindo da cor, unha característica habitual nas súas fotografías. 


Esta exposición está composta por imaxes realizadas desde o ano 2017 ata a actualidade. É unha colección en branco e negro con algunhas das mellores imaxes tomadas polo fotógrafo. Inclúense esceas habituais e outras más conceptuais, nas que o artista mostra dúas personalidades marcadas: por unha parte, imaxes que exhiben a naturalidade e beleza propia das persoas e por outra nas que prima o lado escuro de Muíños, con fotografías que presentan unha liña máis salvaxe. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar