venres, 17 de marzo de 2023
O Concello substituirá o peche do parque infantil de Esteiro por outro de cores que integre as novas mesas picnic na zona de xogos
A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, lembrou que recentemente se instalou un novo xogo camión de bombeiros e renovouse a pintura do resto de elementos

O Concello de Ferrol vai substituír nos próximos días o valo do parque infantil de Esteiro, localizado entre as rúas Naturalista Seoane e Españoleto, no marco do plan de renovación que se executou neste espazo, que incluíu a renovación da pintura de todos os xogos, a instalación dun novo —un camión de bombeiros— e a colocación de dous mesas picnic na zona verde próxima á zona infantil.