venres, 17 de marzo de 2023
O Concello programa na Casa da Muller obradoiros gratuítos ata o mes de xuño
Xa está aberto o prazo de inscrición a través da web https://bit.ly/3JLL8Cp para participar desde finais de marzo en actividades como ioga e mindulfness, costura e patronaxe, autocoñecemento a través da danza e reciclaxe. O novo plan ‘A Casa Aberta’ ofrece en total 90 prazas

O Concello de Ferrol pon en marcha un ciclo de obradoiros gratuítos na Casa da Muller (rúa Lugo, 56) destinados a mulleres empadroadas en Ferrol. O novo programa ‘A Casa Aberta’ ofrecerá a partir de finais de marzo sesións nas que aprender sobre reciclaxe, autociencia corporal e empoderamento feminino en diferentes datas e horarios ata o próximo mes de xuño. O prazo para anotarse está aberto desde hoxe, venres 17 de marzo, ata o día 23 de marzo, ás 23:59 horas, no enlace https://bit.ly/3JLL8Cp, onde se atopa toda a información das actividades que ofrece o programa.