Novas

mércores, 15 de marzo de 2023

O Concello rematará esta semana con preto de 130 vehículos retirados da céntrica parcela do Sánchez Aguilera

En total está previsto retirar nesta primeira fase un total de 413 coches coa axuda de dous guindastres. É a peza central do convenio entre o Concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa (Invied) ratificado en pleno o día 7


O Concello de Ferrol comezou a mediados do mes de febreiro a retirada de vehículos da céntrica parcela do antigo cuartel Sánchez Aguilera, delimitada pola avenida do Rei, a estrada de Catabois e as rúas Virxe da Cabeza, Cardosas e Roi Xordo. A empresa de despezamento adxudicataria para executar esta intervención está a trasladar coches ás súas instalacións para a súa posterior descontaminación e compactaxe. En total, retiraranse nesta primeira fase, coa axuda dun guindastre con capacidade para tres vehículos e outro para un, un total de 413 vehículos, os xa cualificados como residuos. A empresa xa sacou máis de 100 e a previsión é rematar esta semana con preto de 130 vehículos fora da parcela. 


A vontade do goberno local é sacar do Sánchez Aguilera a totalidade dos coches que aí se atopan. Trátase do espazo crucial, por atoparse en pleno corazón da cidade, do convenio entre o Concello de Ferrol e o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (Invied), pertencente ao Ministerio de Defensa, que regula que a Administración local vai ser titular desta e doutas nove parcelas no municipio. Dito convenio foi ratificado en pleno o pasado 7 de marzo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar