mércores, 15 de marzo de 2023
O Concello atende a demanda dos veciños de Esteiro e moderniza a iluminación do quinteiro conformado polas rúas Antelo, Mac Mahón e a avenida de Vigo con tecnoloxía LED
A concelleira responsable de Obras e Servizos, Ana Lamas, explicou que se substituíron os 32 globos de puntos de luz co fin de “acadar uns niveis lumínicos moito mellores”

O Concello de Ferrol vén de modernizar a iluminación pública do quinteiro formado polas rúas Antelo, Mac Mahon e Avenida de Vigo, no barrio de Esteiro, tal e como explicou esta mañá a concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas. Trátase, dixo, dunha “demanda dos veciños do barrio” coa que “damos solución” á deficiente iluminación anterior a base de 32 puntos de luz con globos tipo Vsap.