martes, 14 de marzo de 2023
O Concello oferta un novo curso para os membros que integran a Oficina municipal de Voluntariado de Ferrol
A concelleira responsable da área de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que se celebrará o martes 28 de marzo no centro municipal do barrio de Caranza

O Concello de Ferrol ofrece un novo curso de formación aos membros que integran a Oficina municipal de Voluntariado, arredor de 60 persoas. Neste caso, tal e como informou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, trátase dunha nova edición do Curso Básico de Voluntariado, para 15 persoas, que terá lugar o martes 28 de marzo de 9.30 a 14 horas, no centro municipal de Caranza. As persoas que desexen participar, de balde, poden inscribirse na Oficina municipal de Voluntariado e optar ao curso.