Novas

luns, 13 de marzo de 2023

O goberno local aproba o proxecto que conectará preto de 15 vivendas do camiño do Bosque, en Serantes, á rede de saneamento de augas residuais

O voceiro do goberno local, Julián Reina, explicou que ao mesmo se renovará a rede de abastecemento de auga potable. O tamén concelleiro de Urbanismo e Contratación anunciou a proposta de adxudicación para a subministración de 50 chalecos de protección balística, corte e punzón de uso externo para o corpo da Policía Local de Ferrol


O goberno local aproba o proxecto que conectará preto de 15 vivendas do camiño do Bosque, en Serantes, á rede de saneamento de augas residuais

O goberno local de Ferrol aprobou esta mañá en Xunta de Goberno local o proxecto de saneamento do Camiño do Bosque, en Serantes, cun importe base de licitación de 97.120,08 euros, impostos incluídos. O voceiro do goberno local, Julián Reina, explicou esta mañá que o Concello vén complementando, a través de distintas intervencións urbanísticas, a rede de saneamento nas zonas periféricas máis afastadas do centro urbano con obxectivo de dotar deste indispensable servizo aos pequenos núcleos de poboación que carecen del. 


Neste senso, o proxecto aprobado hoxe é unha actuación coa que se pretende conectar ao servizo de saneamento de augas residuais preto de 15 vivendas situadas no entorno do Camiño do Bosque, na ladeira sur da conca vertente ao Rego dá Sardiña, nas proximidades da estrada da rede provincial DP-3603, ao tempo que renovar a rede de abastecemento de auga potable, que se verá afectada pola execución desta conexión. O prazo de execución é de 4 meses. Cabe sinalar “que se trata dunha actuación coa que damos resposta a unha demanda veciñal posto que ditas vivendas carecen deste servizo”, explicou Reina. 

Por outro lado, o tamén concelleiro de Urbanismo e Contratación indicou que a Mesa de Contratación do Concello propuxo hoxe para adxudicación por importe de 29.5000 euros a subministración de 50 chalecos de protección balística, corte e punzón de uso externo para o corpo da Policía Local de Ferrol.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar