domingo, 12 de marzo de 2023
O alcalde supervisa os remates da colocación da lousa de granito nas beirarrúas dos dous primeiros quinteiros da rúa da Igrexa
Ángel Mato visitou esta semana o avance dos traballos de humanización e reurbanización da vía, unha intervención que conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros. Nas próximas datas hormigonarase o segundo tramo e a previsión é que as árbores entre San Diego e Méndez Núñez estean plantados antes de final de mes. A finais da próxima semana proseguirán os traballos no tramo entre as rúas Sánchez Barcáiztegui e Coruña

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, supervisou esta semana os avances nas obras de humanización e reurbanización da rúa Igrexa, unha intervención que abarca desde a rúa San Diego ata o Callao e que conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros. O obxectivo do proxecto é converter a vía en máis habitable e amable para os peóns coa ampliación da beirarrúa da marxe das edificacións residenciais ata os 4 metros de ancho e a plantación de 130 novas árbores desde San Diego a Callao.