Novas

venres, 10 de marzo de 2023

O Concello habilita iluminación á saída do paso subterráneo entre Caranza e O Bertón e propón un trazado peonil para cruzar en superficie a avenida das Pías unha vez se peche ao tráfico ante o avance

O edil de Urbanismo, Julián Reina, visitou esta mañá os avances na intervención, que executa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana por máis de 10 millóns de euros. Indicou que a Administración local deseñou unha proposta para desviar os autobuses urbanos nos tramos que queden afectados polas obras que se trasladará ao goberno autonómico


O Concello habilita iluminación á saída do paso subterráneo entre Caranza e
O Bertón e propón un trazado peonil para cruzar en superficie a avenida das Pías unha vez se peche ao tráfico ante o avance

O concelleiro de Urbanismo e voceiro do goberno local, Julián Reina, supervisou esta mañá os avances na obra de humanización da Avenida das Pías que executa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) cun orzamento de máis de 10 millóns de euros. O edil, que estivo acompañado por representantes veciñais, técnicos municipais e responsables da intervención, percorreu a obra para coñecer de primeira man os progresos na súa execución e propoñer solucións ás afeccións aos veciños. Neste senso, lembrou que o Concello de Ferrol vén de acondicionar iluminación pública á saída do túnel que une a pé os barrios de Caranza e O Bertón, á altura da rúa Juan de Austria, e reparou a do interior da infraestrutura. Ademais, solicitou á empresa que executa a obra que acondicionara a senda que á saída de dito túnel conecta co Bertón. 


Tras analizar os traballos máis inmediatos, o edil expuxo á empresa responsable a necesidade de habilitar un paso peonil á altura da Rúa 7, no extremo de Caranza, para cruzar a pé entre O Bertón e Caranza unha vez quede cortado ese tramo da avenida das Pías por mor dos avances na súa humanización. 

Do mesmo xeito, Reina aproveitou a súa visita para avaliar a proposta deseñada polo Concello en canto aos desvíos nos itinerarios dos autobuses urbanos que circulan por tramos afectados polas obras. Dita proposta será trasladada nas próximas datas ao goberno autonómico. Para rematar, o edil insistiu na necesidade de manter unha comunicación fluída e periódica entre administracións co fin de trasladar aos veciños do barrio os aspectos que podan afectar ao seu día a día. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar