xoves, 09 de marzo de 2023
O Concello intensifica as medidas de dinamización da cidade coa posta en marcha do servizo gratuíto City-tren, que percorrerá as principais zonas comerciais ao longo de todo o ano
Durante os próximos 12 meses sairá á rúa máis de 450 horas para converterse nun reclamo máis co que ganar visitantes nas zonas de comercio e promover a actividade económica de Ferrol. Súmase a iniciativas como a recente campaña de promoción do comercio local, actividades na rúa ou mercados como RegalArte ou MercaEntroido, que reuniron a multitude de visitantes. O obxectivo é desestacionalizar o uso deste atractivo turístico

O Concello de Ferrol continúa coa posta en marcha de accións orientadas á dinamización da actividade económica e de sectores como o turístico, o comercial ou o hostaleiro. Tras a campaña municipal ‘Bonos comercio Ferrol’, na que participaron máis de 160 establecementos da cidade, a divulgación de emprendedores locais a través de 15 vídeos baixo o título ‘O noso comercio, a nosa historia’, que logrou preto de 588.000 reproducións (https://www.youtube.com/@FerrolOficial/videos), actividades na rúa durante Nadal ou a celebración de mercados como MercaEntroido ou RegalArte, agora o Concello suma unha nova iniciativa para dinamizar a cidade coa posta en marcha do servizo gratuíto City-tren, que percorrerá as principias zonas comerciais durante 453 horas ao longo dos próximos doce meses.