Novas

mércores, 08 de marzo de 2023

O Concello abre o prazo para participar nos campamentos infantís de balde para Semana Santa, que ofertan 100 prazas entre a zona rural e a urbana

Pode presentarse a solicitude ata o 17 de marzo incluído


O Concello de Ferrol vén de abrir hoxe o prazo de inscrición para participar nos campamentos infantís de balde durante a Semana Santa. O obxecto é apoiar ás familias na atención aos seus fillos en idade escolar durante os períodos non lectivos, neste caso durante os días 3, 4 e 5 de abril. 


Desenvolveranse na zona rural —no local da AVV de Esmelle— con 30 prazas e na zona urbana —nos CEIP de Recimil e Ponzos— con 70 prazas. O servizo prestarase de luns a venres, agás festivos, en horario ordinario de 9:30h a 13:30h e ampliado de 8:30h a 14:30h. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de 9:00h a 14:00h ou en calquera dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e é requisito imprescindible que o menor estea empadroado no Concello de Ferrol. As solicitudes seguirán unha rigorosa orde de inscrición e poderán presentarse ata o 17 de marzo incluído. 

O programa está dirixido a menores con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Deben ter os 3 anos cumpridos o 3 de abril de 2023 e non cumprir os 14 anos antes do 6 de abril de 2023. Pode atoparse toda a información e os documentos a presentar no Taboleiro de Anuncios do Concello de Ferrol, no enlace: https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar