mércores, 08 de marzo de 2023
O Teatro Jofre acolle esta fin de semana dúas citas por mor do 8-M, o espectáculo de danza ‘Feminitude’ e o concerto da fadista Sara Correia
O primeiro será o venres, día 10, e propón unha posta en escena que fará partícipe ao público. A recoñecida portuguesa presentará o sábado 11 en Ferrol o seu traballo ‘Do Coração’, premio Play ao mellor álbum de fado e nomeado aos Grammy Latinos. Ambas citas darán comezo ás 20.30 horas
O Concello de Ferrol ten deseñado para este mes de marzo, por mor da celebración hoxe día 8 do Día Internacional da Muller, unha programación cultural na que a muller é a protagonista. Esta fin de semana celebraranse dous das citas estrela desta programación, co espectáculo de danza ‘Feminitude’ o venres, da compañía integrada por mulleres Cali (https://cali.gal/), e a actuación o sábado da recoñecida fadista Sara Correia, ambos ás 20.30 horas no Teatro Jofre.