Novas

venres, 03 de marzo de 2023

Ángel Mato reclama no GointerHub que é momento de que a Xunta “despexe a incógnita de onde se vai situar o polo de I+D en enerxías renovables que vimos reivindicando para Ferrol desde hai meses”

O alcalde intervíu esta mañá no Galician Offshore International Hub que se celebrou no CIS da Cabana coa presenza da vicepresidenta terceira do Goberno e Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera. A continuación, a ministra realizou unha visita institucional ao Concello de Ferrol e firmou no Libro de Ouro da cidade


Ángel Mato reclama no GointerHub que é momento de que a Xunta “despexe a incógnita de onde se vai situar o polo de I+D en enerxías renovables que vimos reivindicando para Ferrol desde hai meses”

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, intervín a primeira hora de hoxe no GointerHub —Galician Offshore International Hub— celebrado no CIS da Cabana coa presenza da vicepresidenta terceira do Goberno e Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera. A continuación, o rexedor e a ministra celebraron unha reunión de traballo no pazo municipal, Mato entregoulle unha figura de cerámica dunha Menina e a ministra firmou no Libro de Ouro da cidade. 


No comezo da súa intervención no CIS, o rexedor expresou a súa satisfacción pola coincidencia do evento co que cualificou “unha magnífica noticia”, en referencia ao anuncio por parte do Goberno central do seu cumprimento cos prazos para o desenvolvemento dos planes de ordenación do espacio marítimo. “Unha boa planificación nun ámbito como o mar é crucial”, dixo. “Trátase dun espacio no que teñen que convivir diferentes usos, como a pesca, o transporte ou incluso os intereses referidos á defensa nacional, e todo elo tendo sempre en conta a protección medioambiental”.

Agora Ferrolterra converteuse “nun referente europeo no desenvolvemento e a construción de estruturas eólicas mariñas”, dixo, tanto fixas como flotantes, “e non se pode desaproveitar a enorme oportunidade que supón dispor, ante nosas costas, do mellor recurso eólico mariño de toda a península”. Neste senso, apuntou que sería un “erro” que “non puidésemos aproveitar todas as sinerxias coa industria para poder desenvolver parques eólicos mariños flotantes na nosa contorna”. 

Dous grandes logros 
Mato explicou no CIS da Cabana que a posta en marcha destas infraestruturas en augas ferroláns permitirá dúas cousas moi importantes. A primeira, contribuír a un mix de xeración eléctrica “moito máis sustentable e máis limpo”. A segunda, desenvolver tecnoloxía propia, española, para os novos dispositivos e para toda a industria que xira arredor destes parques, como pode ser desde a propia instalación hasta a distribución de enerxía e incluso a operación e o mantemento. 

É unha “oportunidade que no debemos deixar pasar”, apuntou, “debemos seguir sendo líderes nesta materia, porque temos ante nós importantes retos tecnolóxicos e de aquí en adiante aínda haberá que facer un esforzo para desenvolver proxectos comerciais más eficientes”. É “crucial” para todo o país “que consigamos manter a industria en España, e concretamente tamén en Ferrolterra”. 

Xeración de valor engadido, emprego e calidade para a xente nova e reter o talento 
O alcalde, na súa intervención, apuntou que “se queremos falar dunha verdadeira transición xusta, parece moi razoable que, tendo en conta que imos minorando o uso do carbón nas nosas centrais térmicas ata un punto no que deixen de operar, tamén debemos facer unha aposta decidida por que nestas mesmas zonas”, nas que tanto tráfico de carbón houbo no pasado, “podamos xerar non só a man de obra, senón o valor engadido dos novos proxectos”. 

Por iso, apuntou, “é necesario que aquí, precisamente aquí, sitúense os centros de investigación, para que os distintos tecnólogos e as distintas empresas poidan asentarse, traballar, xerar emprego de calidade para a xente máis nova e reter o talento”. E, sobre todo, “seguir contribuíndo á diversificación industrial co desenvolvemento de tecnologías de xeración limpas que se poidan comercializar no exterior co éxito que imos tido ata agora”. 

Ferrol, protagonista do que queda por diante
O alcalde lembrou que o Goberno central destinou a Galicia 111 millóns para Transición Xusta e “conseguimos que Ferrol sexa un dos municipios que se beneficiarán desas axudas que xestiona a Xunta de Galicia”. 

Este foro, dixo esta mañá, “non sería un mal marco para que se despexase definitivamente a incógnita de onde se vai a situar o polo de I+D en enerxías renovables, mariñas e almacenamento que vimos reivindicando para esta cidade desde hai meses”. Como alcalde, apuntou, “non só teño a obrigación de pronunciarme en defensa dun sector vital para a nosa economía, como fixen publicamente antes en tantas ocasións. Teño tamén o convencemento persoal”. Polo tanto, e para rematar, Mato apuntou que queda “un longo camiño por diante no que Ferrol ten que ser protagonista”.





 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar