xoves, 02 de marzo de 2023
O Concello axardina con 600 novas plantas perennes a rotonda do monumento á música, en Caranza
A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, visitou os traballos e anunciou que se están a colocar hortensias, lavandas, salvias, rudbeckias, achilleas e verónicas, entre outras, que coinciden na súa floración desde primavera ata outono

O Concello de Ferrol continúa cos labores de mantemento e mellora das zonas verdes da cidade. A finais da semana pasada comezou o axardinamento da rotonda do monumento á música, fronte ao Conservatorio Xan Viaño, no barrio de Caranza. A concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas, acudiu esta mañá acompañada por técnicos municipais e representantes veciñais á zona para ver o avance das plantacións.