Novas

mércores, 01 de marzo de 2023

A Deputación creará dúas pasarelas peonís en Ferrol, unha na Avenida 19 de Febreiro e outra na estrada de San Pedro

O alcalde, Ángel Mato, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitaron recentemente as novas beirarrúas e comprometéronse cos veciños a executar as dúas infraestruturas para unir ambos lados dos ríos

A Deputación creará dúas pasarelas peonís en Ferrol, unha na Avenida 19 de Febreiro e outra na estrada de San Pedro

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, agradeceu esta mañá ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o compromiso do organismo provincial coa cidade de Ferrol ao anunciar que vai crear dúas pasarelas peonís, unha na estrada de San Pedro (DP-3604) e outra na Avenida 19 de Febreiro, en Serantes (DP-3612), co fin de conectar os dous lados dun río ás beirarrúas de nova creación realizadas nas obras de renovación de ditas estradas. Ambos visitaron recentemente a zona acompañados por veciños e comprometéronse a levar a cabo dita actuación tras comprobar a necesidade de construír ambas infraestruturas.

Deste modo, a Deputación vai destinar 22.934 euros a crear dúas infraestruturas. Ambas pontes van conectar os dous lados dun río para unir as beirarrúas de nova creación executadas na renovación das estradas. En San Pedro realizarase unha pasarela de 6 metros de largo e 2,4 metros de ancho composta por lousas alveolares pretensadas prefabricadas de formigón, apoiadas sobre unhas vigas de cargadeiro e cunha banda de neopreno.

O taboleiro estará formado por dúas lousas de 1,2 metros de ancho, con 15 cm de canto, cunha capa de compresión de 10 cm e 6 metros de longo. Contará con varandas a ambos lados, xa que transcorre a 4,5 metros da ponte da estrada. As varandas anclaranse directamente sobre a lousa e, se fose necesario, macizaríase o primeiro dos alveolos para mellorar o seu ancoramento.

As vigas de cargadoiro plantéxanse en forma de “L” con 0,6 metros de ancho, 0,3 metros de canto na zona de apoio e unha altura total de 0,5 metros. Situaranse, no caso de muro de escolleira recto, á súa continuación, mentres que o muro esviado ubicarase recto na zona de maior luz e igual cota que no lado recto. O orzamento para executar esta pasarela ascende a 12.340 euros, financiados enteiramente pola entidade provincial.

En canto á proxectada na Avenida 19 de Febreiro, na contorna da pista de atletismo de A Malata, a infraestrutura transcorrerá sobre unha tubaxe de abastecemento do porto exterior de Ferrol, que consta dunha xunta de expansión, polo que se ten que deseñar a ponte co fin de permitir o acceso a dita xunta para permitir os labores do seu mantemento.

O proxecto propón unha pasarela de 4,1 metros de largo e 2,4 metros de ancho, composta por lousas alveolares pretensadas prefabricadas de formigón apoiadas sobre os macizos do mesmo material, cunha banda de neopreno a modo de soporte. Debido a que a infraestrutura está adosada a unha ponte da estrada, só será necesaria a varanda dun só lado, á cal se ancorará á lousa mediante dúas chapas e parafusos pasantes. Se fose necesario macizaríase o primeiro dos alveolos para mellorar a súa fixación. O orzamento para executar esta pasarela ascende a 10.594 euros, que serán financiados enteiramente pola Deputación.

directamente sobre a lousa e, se fose necesario, macizaríase o primeiro dos alveolos para mellorar o seu ancoramento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar