mércores, 01 de marzo de 2023
O goberno local levará a pleno unha proposta para executar un programa de rozas en estradas e camiños municipais ao longo deste ano
A edil de Obras e Servizos, Ana Lamas, trasladou esta mañá aos grupos municipais durante a comisión de área os detalles da iniciativa, definida en colaboración coas entidades integradas na Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural
O goberno local de Ferrol levará a pleno unha proposta para executar un programa de rozas en estradas e camiños municipais ao longo deste ano, un plan acordado entre o Concello e os representantes das entidades integradas na Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural, que expuxeron as necesidades de cada parroquia e mostraron o seu apoio á fórmula adoitada. A concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas, trasladou esta mañá aos grupos municipais durante a comisión de área os detalles desta intervención, que foi ditaminada a favor cos votos do grupo municipal socialista e a abstención do resto.