mércores, 01 de marzo de 2023
A rehabilitación da cuberta do pazo municipal afronta a súa recta final cos remates na zona oeste do edificio
O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, visitou os traballos e anunciou que a previsión é que conclúan a finais desta semana

O obra de rehabilitación da cuberta do pazo municipal, que executa o Concello de Ferrol cun orzamento de 562.650,00 euros (impostos incluídos) que sufraga a Deputación da Coruña nun 80% a través do Plan de Obras e Servizos POS+Adicional 1/2019, afronta a súa recta final cos últimos remates na zona oeste do edificio.
O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, visitou os traballos acompañado por
técnicos municipais e responsables da empresa que executa a rehabilitación e anunciou
que a previsión é que a obra, que incluíu a retirada das tellas e a instalación dunha nova
cuberta con lámina de zinc con dobre engatillado, estea rematada a finais desta mesma
semana.
O edil comprobou o avance dos últimos traballos, centrados estes días nas
unións de zinc no extremo próximo á rúa Terra. Tras a súa visita, lembrou que a
intervención que está a piques de concluír é “moi necesaria para garantir a seguridade
no inmoble debido aos danos que sufría a última planta do edificio”.