mércores, 25 de xaneiro de 2023
O Concello presenta o cartel da Festa das Pepitas 2023
Celebrarase o 18 de marzo cun acto no Teatro Jofre, a ronda polas rúas e unha actuación na Praza de Armas

O Concello de Ferrol presentou esta mañá o cartel da Festa das Pepitas 2023, unha cita que terá lugar o próximo 18 de marzo cun acto institucional no Teatro Jofre ás 17 horas, as rondas polas rúas a partir das 18 horas e a actuación final a cargo das Rondallas na Praza de Armas, ás 19 horas. O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe; acompañado polo presidente da Coordinadora de Rondallas de Ferrol, Ricardo González; e o autor do cartel, Marcos Lamas, presentou o cartel e recoñeceu o labor que desenvolven durante todo o ano as rondallas da cidade. “É un evento no que Ferrol está na rúa”, dixo o edil, quen lembrou que é unha festa de Interese Turístico de Galicia.