mércores, 25 de xaneiro de 2023
O alcalde inaugura o curso de formación en reforma de interiores que se desenvolverá ata mediados de maio no marco do acordo entre o Concello, Cáritas e Apecco
Ángel Mato acudiu hoxe ao Centro municipal de Emprego, onde unha ducia de persoas están a realizar prácticas de albanelaría. O rexedor interesouse polas perspectivas de futuro dos participantes no programa e animoulles a continuar a formación

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, inaugurou esta mañá no Centro municipal de Emprego a terceira edición do curso de formación en reforma de interiores e revestimento que se desenvolverá ata mediados de maio no marco do acordo entre o Concello de Ferrol, Cáritas e Apecco (Asociación Provincial de empresarios da construción da Coruña). O programa, no que participa unha ducia de persoas, ten unha duración de 516 horas entre prácticas de albanelaría (300 horas); formación en riscos laborais (132 horas); módulos transversais (4 horas); e, para rematar o programa, prácticas en empresas (80 horas).