mércores, 25 de xaneiro de 2023
O prazo para subsanar as xustificacións dos beneficiarios das axudas municipais do PAME-3 remata o día 2 de febreiro
Pode realizarse a través da Sede Electrónica do Concello
O prazo para subsanar as xustificacións das medianas e pequenas empresas e autónomos que cobraron as axudas municipais do Plan de Mantemento e Impulso da Actividade Económica (PAME-3), impulsado polo Concello para apoiar aos sectores da restauración e hospedaxe, ocio nocturno, comercio local e cultura con motivo da crise económica polo covid-19, remata o día 2 de febreiro. Pola súa banda, os que aínda non presentaron a documentación necesaria poderán facelo ata o 9 de febreiro nun prazo improrrogable. Poden consultarse as listaxes provisionais no Taboleiro de Anuncios do Concello, no enlace https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/578