Novas

martes, 24 de xaneiro de 2023

O Concello ultima a renovación de preto de 30 metros de beirarrúa e bordo na rúa Telleiras, en Caranza

Forma parte das actuacións de mantemento e reparación que se realizan a diario en diferentes puntos da cidade


O Concello ultima a renovación de preto de 30 metros de beirarrúa e bordo na rúa Telleiras, en Caranza

O Concello de Ferrol continúa cos labores de mantemento e reparación que desenvolve a diario na cidade e que na actualidade están a concentrarse na rúa Telleiras, fronte ao Auditorio municipal. Esta semana se están a ultimar os traballos de renovación de preto de 30 metros de lonxitude da beirarrúa, incluíndo tamén o tramo de carril bici e o bordo. Esta mañá os operarios remataban o volcado de aglomerado nun dos últimos tramos da intervención. 


Nos días pasados tamén se inicio a reparación dos alcorques neste espazo, que continuará nas próximas datas. O servizo de mantemento e reparación do Concello tamén comezou esta mesma semana traballos de aglomerados no rural. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar