Novas

luns, 23 de xaneiro de 2023

O goberno local aproba o proxecto para reurbanizar o final de Doutor Fleming por preto de 275.000 euros

O voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, anunciou esta mañá que contará con 13 novas árbores, bancos, unha fonte e unha canastra de baloncesto. Inclúe a súa conexión peonil coas rúas Alonso López e Ignacio Martell e nova iluminación con lámpadas de tecnoloxía LED


O goberno local aproba o proxecto para reurbanizar o final de Doutor Fleming por preto de 275.000 euros

O goberno local vén de aprobar esta mañá na Xunta de Goberno Local o proxecto básico e de execución das obras de reurbanización completa do espazo formado polo final da rúa Doutor Fleming e a súa conexión peonil con Alonso López e Ignacio Martell, no barrio de Canido. O obxectivo é crear un novo espazo público continuo de estancia para a veciñanza ao tempo que remodelar esta zona agora sen urbanizar e facilitar a mobilidade e a accesibilidade no barrio, tal e como explicou esta mañá o voceiro do goberno local, Julián Reina. O proxecto conta cun orzamento de 274.599,42 euros. 


Indicou que se empregará pavimento de formigón lavado similar ao existente nas rúas Alegre e Alonso López xunto con despeces de zonas verdes, cun total de 13 novas árbores da especie cerdeiras de flor xaponesa, unha dos máis empregados como árbore ornamental —10 de porte medio 3 de maior tamaño—, que crearán espazos de sombra. A intervención incluirá novo mobiliario urbano, como unha decena de bancos, papeleiras e unha fonte de ferro fundido. 

Tamén está previsto acondicionar unha canastra fixa de baloncesto, de preto 4 metros de altura, e un aparcadoiro de bicicletas. Completarase a urbanización con nova iluminación con lámpadas de tecnoloxía LED para proporcionar seguridade ao tránsito cun modelo de peza similar ao existente no barrio, explicou.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar