sábado, 21 de xaneiro de 2023
O Concello enriquece o programa de envellecemento activo para maiores que desenvolve no centro social de Río Xubia con charlas este mes sobre ciberseguridade e seguridade viaria
A primeira será o próximo luns, 23 de xaneiro, a cargo do delegado en Ferrol da unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional e a segunda o luns día 30 da man dun axente da Policía Local, ambas ás 17.30 horas. Forman parte das iniciativas que a Administración local leva a cabo no local, onde cada luns se celebran actividades de estimulación mental, xogos e andainas. Están dirixidas a maiores de 65 anos veciños de Ferrol
O Concello de Ferrol continúa deseñando actividades dirixidas á poboación de maior idade co fin de promover a súa actividade e mellorar a súa calidade de vida. Dentro do programa de envellecemento activo que a Administración local desenvolve no centro social da rúa Río Xubia, o próximo luns, 23 de xaneiro, terá lugar unha charla sobre ciberseguridade impartida polo delegado da unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón. Pola súa banda, o luns 30 de xaneiro un axente da Policía Local de Ferrol ofrecerá outra charla, neste caso sobre diferentes aspectos da seguridade viaria.