venres, 20 de xaneiro de 2023
O Concello amplía ata o día 30 de xaneiro o prazo para participar no ciclo ‘Teatro Veciñal’, con obradoiros impartidos por Helga Méndez
A inscrición pode formalizarse a través do correo electrónico teatrovecinal@ferrol.es ou no teléfono 697 842 625

O Concello de Ferrol amplía ata o 30 de xaneiro o prazo de inscrición, de balde, para participar no ciclo municipal ‘Teatro Veciñal’, con obradoiros impartidos pola ferrolá Helga Méndez. A actividade comezou esta mesma semana e prolongarase ata o mes de xuño. Mestura sesións prácticas con encontros, a creación de obras orixinais e a representación de pezas teatrais.
Méndez imparte as formacións os martes de 18.00 horas a 21.00 horas no centro
municipal municipal Torrente Ballester e os venres de 18.00 a 21.00 horas no local
social de Pazos. O alumnado esta divido en dous grupos, un por día, cun máximo de 20
persoas.
As persoas interesadas poden anotarse a través do correo electrónico
teatrovecinal@ferrol.es ou no teléfono 697 842 625. Os documentos para formalizar a
inscrición tanto no Torrente Ballester como no local social de Pazos poden atoparse na
web municipal, no Taboleiro de Anuncios
https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.