venres, 20 de xaneiro de 2023
O Concello concede á empresa encargada de executar a rehabilitación do pazo municipal unha prórroga de seis semanas
O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, explicou esta mañá tras a celebración da Xunta de Goberno Local de hoxe que os informes técnicos abalan a ampliación ata o 3 de marzo por mor das intensas choivas dos últimos días. A intervención conta cun orzamento de 562.650,00 euros (ive incluído), que sufraga a Deputación da Coruña nun 80% a través do Plan de Obras e Servizos POS+Adicional 1/2019
O Concello de Ferrol vén de conceder á empresa que executa a rehabilitación do pazo municipal unha prórroga de seis semanas para rematar os traballos, é dicir, ata o 3 de marzo. O concelleiro de Urbanismo e voceiro do goberno local, Julián Reina, explicou tras a aprobación de dita ampliación na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá que os informes técnicos abalan a concesión tendo en conta as intensas choivas das últimas datas.