Novas

xoves, 19 de xaneiro de 2023

O Concello proxecta o acondicionamento da zona leste do parque Albatros

A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, anunciou que o obxectivo é “rexenerar” a zona verde e converter o espazo nun lugar “agradable e de calidade para o encontro dos residentes”


O Concello de Ferrol vén de encargar a redacción dunha memoria que recolla as obras necesarias para o acondicionamento da zona leste do parque Albatros, en Santa Cecilia, co obxectivo de mellorar a contorna do parque infantil e zona verde coa renovación do mobiliario urbano e do pavimento peonil, tal e como anunciou esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas. 


A edil explicou que é vontade do goberno local “dignificar” este espazo limítrofe co concello veciño, “rexenerar” a zona verde e convertelo nun “lugar agradable e de calidade para o encontro dos residentes”. Trátase, puntualizou, dunha primeira fase que dará continuidade a actuacións que o Concello xa desenvolveu, como a renovación do caucho do parque infantil e a substitución de papeleiras. Tamén se colocarán bancos e mesas de picnic. Lamas engadiu que tras esta primeira fase o Concello ten previsto completar a actuación cunha segunda de renovación do espazo que se centraría na Alameda próxima. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar