xoves, 19 de xaneiro de 2023
Xa están dispoñibles na canle de Youtube do Concello os vídeos promocionais dos festivais Meninas de Canido e Jazz ao Norte e o da Semana Santa de Ferrol que o alcalde presentou onte en Fitur
Ángel Mato presidiu o acto no que se puxo en valor riqueza cultural e patrimonial da cidade. Poden consultarse en https://www.youtube.com/user/ferroloficial

Xa están dispoñibles na canle de Youtube do Concello de Ferrol os vídeos promocionais dos festivais Meninas de Canido e ‘Jazz ao Norte’ e o da Semana Santa que o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presentou na tarde de onte durante a presentación da cidade na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se está a celebrar esta semana en Madrid.
Mato aproveitou a presenza de Ferrol no maior evento nacional de turismo para
anunciar que a terceira edición de ‘Jazz ao Norte’ se celebrará este ano 2023 os días 13,
14 e 15 de xullo. Ademais, o acto incluíu a creación en directo dunha menina a cargo do
artista madrileño Sfhir, un dos invitados habituais no Festival Meninas de Canido, que
cada mes de setembro se celebra en Ferrol. Poden consultarse os tres vídeos
promocionais no enlace https://www.youtube.com/user/ferroloficial.